Intercâmbio com o IES de Arzua

Posted: 1 de Maio de 2010 by O Boss in
1

O melhor será publicar o que os outros disseram de nós; recebi este mail do Brais, o encenador do Teatro Escolar de Arzua e não resisto a publicá-lo (mesmo sem a sua autorização).




Jorge chegou a Arzúa e viron as instalacións do Instituto e xogaron desportos e log de xantar se xuntaron Brais e Cesáreo coa chave, e Arzúa abaixo, de leste a oeste, coma peregrinos, acolléronse os DEVISA da Póvoa na Casa da Cultura.

A “Apocalipse” estreada na Póvoa de Varzim tiña un espazo escénico de 20 metros de ancho e duración de 1 hora. Para a nosa caixiña de 5m, Jorge adapta unha “Apocalipsiña” de 30 minutos cun eficaz xogo de luces (que substitúe as diferentes alturas e tarimas da peza orixinal).

Ás 4 entraron os DEVISA, instalaron e fixeron pase de luces, ás 5 e media chegaron os da ÁNXEL CASAL e fixeron por primeira vez na súa historia un ensaio para un técnico de luces. Ás 6 e media a terceira idade arzuá abría a porta da Sala reclamando asento. Ás 7 menos cuarto a Coral con madeira e vento iniciaba o festival, cunha viaxe polo repertorio coral galego e visita ao portugués. Logo dunha pausa para ir ao baño, unha historia do pai do teatro portugués, Gil Vicente, traída ao día de hoxe polos alumnos da Escola “Rocha Peixoto” da Póvoa de Varzim.

Sen máis dilación, logo dos alumnos saltaron ao palco os profesores, cunha sorprendente coral que deixou a sala chea de alegres cucarachas. E acto seguido “Portugaliça?” a historia de Galicia e Portugal, creación colectiva da rapazada da Aula de Teatro Municipal de Arzúa, estreada o Catorce de Abril na X Mostra de Teatro da Póvoa de Varzim.

Logo de música galega e de teatro en portugués e de música portuguesa e de teatro en galego... como rematar esta festa?
Pois com alegria sim, nom com tristeça: con quen fixo xa música en Portugal, vive en Arzúa e naceu en Angola: Alberto Mvundi.
(Segunda pausa para ir ao baño, entre tanto a familia Mvundi se apousenta no escenario.

Carlos xoga coas luces, Alberto súa, Marga fai as segundas voces e Gael no medio do escenario leva o ritmo e colleita a meirande ovación da xornada. A sala canta. A rapazada baila. Aleghría! É primavera en Arzúa.
Non sendo a Ghrila, que lle casa o fillo, a plana maior das Nenas Grandes de Arzúa estaba na platea con non poucas amigas, mestres e alumnos do IES de Arzúa e da “Rocha Peixoto” e de Música da Casa da Cultura.

O 29 de Abril do 010


A todos e todas cantos dalgún xeito estiveron aí...
        dúas mil graciñas
               foi muito fixe!
                      e foi algo que creamos entre tod@s

         (sexa transmitido este agradecemento a todos cant@s o merecen!


--
Brais Falcón Xanbobela

1 comentários:

  1. Anónimo says:

    Também não resistiría em publicar algo assim...
    Que saudades de Arzua!!!!!!!!!
    Foi fantástico!

    Ass.: A boludiña